viernes, 11 de diciembre de 2009

Os Illuminati.




Illuminati é o nome polo que se coñece maiormente a Orde dos Perfectibilistas ou Iluminados de Baviera.
É unha sociedade secreta fundada o 1 de maio de 1776 en Ingolstadt (Alemaña) por Adam Weishaupt. En latín, illuminati (pronunciado il luminati) significa iluminados.




Orixes:

A Orde dos Iluminados de Baviera foi fundada na noite do 30 de abril ao 1 de maio de 1776 (véspera da famosa noite de Walpurgis), nun bosque preto de Ingolstadt (Baviera), ao sur de Alemaña, onde un pequeno grupo de homes estableceron e xuraron cumprir os propósitos da sociedade. Entre as persoas que se atopaban esa noite só sábese a identidade de tres: Adam Weishaupt(foto de abaixo), Max Merz e Anton von Massenhausen.

Tras a fundación, Adam Weishaupt (quen se proclamou a si mesmo co nome simbólico de Spartacus) atraeu aos seus primeiros adeptos; un estudante de Múnic chamado Franz Xavier von Zwack e un barón protestante de Hannover chamado Adolph von Knigge (Frater Philón), quen xa estaba iniciado na masonería e que posteriormente desenvolveu o Rito dos Iluminados de Baviera, xunto a Weishaupt a quen introduciu dentro da logia de Munich: Teodoro do Bo Consello.
Grazas ás habilidades de Von Knigge, os Illuminati rapidamente estendéronse por Europa, afiliando a moitas personalidades.(duques,varóns,príncipes...)

Adam Weishaupt tomou a determinación de afiliarse á masonería por medio de Von Knigge, e ordenou a infiltración e o dominio da mesma.
O 16 de xullo de 1782, nunha reunión da masonería continental que tivo lugar no convento de Wilhelmsbad, os Illuminati tentaron unificar e controlar baixo a súa autoridade todas as ramas da masonería. Aínda que xa lograran infiltrarse nas logias de toda Europa, os iluminados teósofos de Swedenborg decidiron non apoiar os plans de Weishaupt e oporse formalmente aos illuminati.
Debido ao fracaso deste movemento, Von Knigge renunciou pensando que xa non tiña sentido seguir cos plans e retirouse a Bremen onde pasou os seus últimos anos. Mentres tanto Weishaupt recibía as ofensivas dos masones de Inglaterra e dos martinistas.



Disolución:

Karl Theodor, (duque de Baviera) aprobou o edicto que levou aos Illuminati á súa disolución.

O 22 de xuño de 1784, intuíu o perigo que supuñan os Illuminati para a Igrexa católica e as monarquías debido á súa ideoloxía liberal, revolucionaria e igualitaria, e aprobou un edicto contra estes, a masonería, e en xeral calquera sociedade non autorizada pola lei. Weishaupt foi destituído da súa cátedra marchando ao exilio de Ratisbona para dirixir a Orde desde o estranxeiro baixo a protección do duque de Saxe. En 1785, o edicto confirmouse e así se deu comezo ás persecucións e arrestos dos membros da sociedade.



Os plans máis secretos dos Illuminati foron revelados por casualidade a noite do 10 de xullo de 1784, cando un mensaxeiro de Weishaupt identificado como o abade Lanz, morreu inesperadamente por mor dun raio. O seu cadáver foi levado á capela de san Emmeran por habitantes da zona e aí entre os seus hábitos atopáronse os importantes documentos que trataban sobre os plans secretos da conquista mundial. A policía de Baviera indagou os detalles da conspiración, dando a coñecer ao emperador Francisco I do Sacro Imperio Romano Germánico, o complot tramado contra todas as monarquías, en especial a de Francia, onde máis tarde, en 1789, xestaríase a chamada Revolución Francesa e a caída de Luís XVI e María Antonieta, os seus últimos monarcas.
Os documentos foron publicados polo goberno bávaro, alertando así á nobreza e o clero de Europa, con todo, pouco despois convencéronse de que a conspiración fora destruída debido á disolución oficial dos Illuminati, xunto co desterro de Weishaupt e a detención de numerosos adeptos.

1 comentario:

  1. Olaa!!
    Nótase que che gusta Dan Brown, ehhh...
    Eu tamén colguei algo sobre el no meu blog!jeje
    Súperinteresante o teu blog, sigue así!
    Un saúdo.

    ResponderEliminar