O obxectivo principal é diminuír o cambio climático antropogénico cuxa base é o efecto invernadoiro. Segundo as cifras da ONU, prevese que a temperatura media da superficie do planeta aumente entre 1,4 e 5,8 °C de aquí a 2100, a pesar que os invernos son máis fríos e violentos. Isto coñécese como Quecemento global. «Estes cambios repercutirán gravemente no ecosistema e nas nosas economías», sinala a Comisión Europea sobre Kioto.
Entrada en vigor:
Estableceuse que o compromiso sería de obrigatorio cumprimento cando o ratificasen os países industrializados responsables de, polo menos, un 55% das emisións de CO2. Coa ratificación de Rusia en novembro de 2004, despois de conseguir que a UE pague a reconversión industrial, así como a modernización das súas instalacións, en especial as petroleiras, o protocolo entrou en vigor.
Ademais do cumprimento que estes países fixeron en canto á emisión de gases de efecto invernadoiro promoveuse tamén a xeración dun desenvolvemento sustentable, de tal forma que se utilice tamén enerxías non convencionais e así diminúa o quecemento global.
Respecto dos países en desenvolvemento, o Protocolo non esixe a baixar as súas emisións, aínda que si deben dar acenos dun cambio nas súas industrias.
O goberno de Estados Unidos asinou o acordo pero non o ratificou (nin Bill Clinton, nin George W. Bush), polo que a súa adhesión só foi simbólica até o ano 2001 no cal o goberno de Bush retirouse do protocolo, segundo a súa declaración, non porque non compartise a súa idea de fondo de reducir as emisións, senón porque considera que a aplicación do Protocolo é ineficiente (Estados Unidos, con apenas o 4% da poboación mundial, consome ao redor do 25% da enerxía fósil e é o maior emisor de gases contaminantes do mundo) e inxusta ao involucrar só aos países industrializados e excluír das restricións a algúns dos maiores emisores de gases en vías de desenvolvemento (China e India en particular), o cal considera que prexudicaría gravemente a economía estadounidense
Moitas grazas por estas dúas entradas. Xa sempre espero moi boas cousas do teu blog. E non me decepciona; non "señorita". Ánimo e a continuar así: vales moito. Luís.
ResponderEliminar