viernes, 9 de octubre de 2009

Enerxía nuclear.

A enerxía nuclear procede de reaccións de fisión ou fusión de átomos nas que se liberan xigantescas cantidades de enerxía que se usan para producir electricidade.
En 1956 púxose en marcha, en Inglaterra, a primeira planta nuclear xeradora de electricidade para uso comercial. En 1990 había 420 reactores nucleares comerciais en 25 paises que producían o 17% da electricidade do mundo.


Nos anos cincuenta e sesenta esta forma de xenerar enerxía foi acollida con entusiasmo, dado o pouco combustible que consumía (con un só kilo de uranio se podía producir tanta enerxía como con 1000 toneladas de carbón). Pero xa na década dos 70 e especialmente na dos 80 cada vez houbo máis voces que alertaron sobre os perigos da radiación, sobre todo en caso de accidentes.
O risco de accidente grave nunha central nuclear ben construída e manexada é moi baixo, pero algúns destes acidentes, especialmente o de Chernobyl (1986) que aconteceu nunha central da antiga Unión Soviética, construida con moi deficientes medidas de seguridade e sometida a uns riscos de funcionamento importantes, fixeron que en moitos países a opinión pública se opuxese á continuación ou ampliación dos programas nucleares. Ademais xurdiu outro problema de difícil solución: o do almacenamento dos residuos nucleares de alta actividade.

Obtención de enerxía por fisión nuclear convencional
O sistema máis usado para xerar enerxía nuclear utiliza o uranio como combustíble. En concreto úsase o isótopo 235 do uranio que é sometido a fisión nuclear nos reactores. Neste proceso o núcleo do átomo de uránio (U-235) é bombardeado por neutróns e rómpese orixinándose dous átomos dun tamaño aproximadamente a metade do de uránio e liberándose dous ou tres neutróns que inciden sobre átomos de U-235 veciños, que vóltanse a romper, orixinándose unha reacción en cadea.

A fisión controlada do U-235 libera unha gran cantidade de enerxía que se usa na planta nuclear para convertir auga en vapor. Con este vapor móvese unha turbina que xenera electricidade.
O mineral de uranio atópase na natureza en cantidades limitadas. É polo tanto un recurso non renovable. Acostuma acharse case sempre xunto a rocas sedimentarias. Hai depósitos importantes deste mineral en Norteamérica (27,4% das reservas mundiais), África (33%) e Australia (22,5%).

O mineral do uranio contén tres isótopos: U-238 (9928%), U-235 (0,71%) e U-234 (menos que o 0,01%). Dado que o U-235 encóntrase nunha pequena proporción, o mineral debe ser enriquecido (purificado e refinación), ata aumentar a concentración de U-235 a un 3%, facéndoo así útil para a reacción.