Unha forma común é a de galaxia elíptica, que, como o indica o seu nome, ten o perfil luminoso dunha elipse. As galaxias espirais teñen forma circular pero con estrutura de brazos curvos envoltos en po.
Estímase que existen máis de cen mil millóns (1011) de galaxias no universo observable. A maioría das galaxias teñen un diámetro entre cen e cen mil parsecs e están usualmente separadas por distancias da orde dun millón de parsecs. O espazo intergaláctico está composto por un tenue gas, cuxa densidade media non supera un átomo por metro cúbico. A maioría das galaxias están dispostas nunha xerarquía de agregados, chamados cúmulos, que á súa vez poden formar agregados máis grandes, chamados supercúmulos.
Un pouco de historia:
En 1610, Galileo Galilei usou un telescopio para estudar a cinta lechosa no ceo nocturno, chamada Vía Láctea, e descubriu que está composta por unha inmensa cantidade de pequenas estrelas.
No ano 1755, Kant afirmaba que a Vía Lactea era un sistema formado por miles de sistemas solares como o noso, agrupados nunha estrutura de orde superior, de características similares ás dos sistemas planetarios: sensiblemente plana, de forma elíptica, en movemento de rotación ao redor dun centro e rexidas pola mesma mecánica celeste. Segundo o seu razoamento, estas galaxias teóricas serían visibles desde a Terra como nubes ovaladas de luz tenue, sen que fose posible distinguir as estrelas individuais dentro delas.
No século XVIII, Charles Messier compiló un catálogo que contiña as 109 nebulosas máis brillantes (obxectos celestes de aparencia nebulosa), seguido máis tarde polo catálogo, con cincocentas nebulosas, elaborado por William Herschel. En 1845, Lord Rosse construíu un novo telescopio e este permitiulle distinguir a nebulosas elípticas das circulares. Este telescopio permite ver de maneira parcial para poder distinguir nalgunhas destas nebulosas fontes puntuais individuais de luz, confirmando de maneira parcial as anteriores conxecturas de Kant.
No hay comentarios:
Publicar un comentario