miércoles, 6 de enero de 2010

A astronomía.



A astronomía (do grego: "lei das estrelas") é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles, o seu rexistro e a investigación da súa orixe a partir da información que chega deles a través da radiación electromagnética ou de calquera outro medio. A astronomía estivo ligada ao ser humano dende a antigüidade e todas as civilizacións tiveron contacto con esta ciencia. Personaxes como Aristóteles, Tales de Mileto, Anaxágoras, Tolomeo, Copérnico, Santo Tomás de Aquino, Brahe, Kepler, Galileo, Newton, Kant, Kirchhoff e Einstein foron algúns dos seus cultivadores.

É unha das poucas ciencias nas que os afeccionados aínda poden desempeñar un papel activo, especialmente no descubrimento e seguimento de fenómenos como curvas de luz de estrelas variables, descubrimento de asteroides e cometas, etc.

Non debe confundirse á Astronomía coa astrología. Aínda que ambas comparten unha orixe común, son moi diferentes. A Astronomía é unha ciencia: os astrónomos seguen o método científico. A astroloxía, que se ocupa da suposta influencia dos astros na vida dos homes, é unha pseudociencia: os astrólogos, seguen un sistema de crenzas non probadas ou abertamente erróneas, por exemplo, non teñen en conta a precesión dos equinoccios, un descubrimento que se remonta a Hiparco.


Estudo da orientación polas estrelas:

Para situarse no ceo, agrupáronse as estrelas que se ven desde a Terra en constelacións. Así, continuamente desenvólvense mapas (cilíndricos ou cenitales) coa súa propia nomenclatura astronómica para localizar as estrelas coñecidas e agregar os últimos descubrimentos.

Á parte de orientarse na Terra a través das estrelas, a astronomía estuda o movemento dos obxectos na esfera celeste, para iso utilízanse diversos sistemas de coordenadas astronómicas. Estes toman como referencia parellas de círculos máximos distintos medindo así determinados ángulos respecto destes planos fundamentais. Estes sistemas son principalmente:

Sistema altacimutal, ou horizontal que toma como referencias o horizonte celeste e o meridiano do lugar.
Sistemas horario e ecuatorial, que teñen de referencia o ecuador celeste, pero o primeiro sistema adopta como segundo círculo de referencia o meridiano do lugar mentres que o segundo refírese ao círculo horario (círculo que pasa polos polos celestes).
Sistema eclíptico, que se utiliza normalmente para describir o movemento dos planetas e calcular as eclipses; os círculos de referencia son a eclíptica e o círculo de lonxitude que pasa polos polos da eclíptica.
Sistema galáctico, utilízase en estatística estelar para describir movementos e posicións de corpos galácticos. Os círculos principais son a intersección do plano ecuatorial galáctico coa esfera celeste e o círculo máximo que pasa polos polos da Vía Láctea e o ápice do Sol (punto da esfera celeste onde se dirixe o movemento solar).

A astronomía de posición é a rama máis antiga desta ciencia. Describe o movemento dos astros, planetas, satélites e fenómenos como as eclipses e tránsitos dos planetas polo disco do Sol. Para estudar o movemento dos planetas introdúcese o movemento medio diario que é o que avanzaría na órbita cada día supondo movemento uniforme. A astronomía de posición tamén estuda o movemento diúrno e o movemento anual do Sol. Son tarefas fundamentais da mesma a determinación da hora e para a navegación o cálculo das coordenadas xeográficas. Para a determinación do tempo úsase o tempo de efemérides ó tamén o tempo solar medio que está relacionado co tempo local. O tempo local en Greenwich coñécese como Tempo Universal.

A distancia á que están os astros da Terra no de universo mídese en unidades astronómicas, anos luz ou pársecs. Coñecendo o movemento propio das estrelas, é dicir o que se move cada século sobre a bóveda celeste pódese predicir a situación aproximada das estrelas no futuro e calcular a súa localización no pasado vendo como evolucionan co tempo a forma das constelacións.
Instrumentos de observación:

Galileo Galilei observou grazas ao seu telescopio catro lúas do planeta Júpiter, un gran descubrimento que chocaba diametralmente cos postulados tradicionalistas da Igrexa católica da época.
Para observar a bóveda celeste e as constelacións máis coñecidas non fai falta ningún instrumento especial, para observar cometas ou algunhas nebulosas só serán necesarios uns prismáticos, os grandes planetas vense á primeira ollada; pero para observar detalles dos discos dos planetas do sistema solar ou os seus satélites maiores chega cun telescopio simple. Si se quere observar con profundidade e exactitude determinadas características dos astros, necesítanse instrumentos que necesitan da precisión e tecnoloxía dos últimos avances científicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario