Robert Langdon descobre a proba da reaparición dunha antiga hermandade secreta coñecida como os Illuminati: a máis poderosa organización secreta da historia, e é agora cando decide vingarse la súa histórica inimiga: a Igrexa Católica (a cal durante centos de anos perseguíu ós chamados iluminados e asasinounos).
Langdon persegue ó asasino para intentar salvas ós cardenales mentres a garda suíza e a policía tratan de atopar a antimateria dentro do Vaticano.Consegue salvar a algún dos cardenais?Cal será o futuro do Vaticano?
Resumo do filme:
No filme,os sucesos ocorren de maneira algo distinta ó libro.No libro, Robert Langdon(Tom Hanks) é chamado polo CERN, mentres que na película é chamado polo Vaticano.
No libro, o científico que morre no CERN é o pai de Vittoria Vetra(Ayelet Zurer), na película é un compañeiro de investigación.
No filme Langdon rescata ao cardeal Baggia na fonte do catro ríos(4º altar da ciencia); na novela o cardeal morre afogado e o asenino cre afogar a Langdon tamén, tras pelear con el na fonte.
Na novela, O Camarlengo(Ewan McGregor) suicídase queimándose no balcón papal ao ver que todos os cardeais déronse conta da súa traizón á Igrexa e tamén por que descobre que o seu pai era o Papa que asasinou. Na película, cando se ve acurralado pola Garda Suíza toma unha vela e inmólase a si mesmo dentro da Igrexa.
No filme Vittoria queda no Vaticano co camarlengo, mentres que na novela acompaña a Langdon ao terceiro altar da ciencia, onde é secuestrada polo asasino e levada á igrexa de iluminación Castelo Sant'Angelo.
No filme, o asasino (hassasin,Nikolaj Lie Kaas) morre nunha explosion ao subir a un coche, mentres que na novela, Vittoria e Langdon tírano dun balcón no castelo Sant´Angelo.
No filme, o novo camarlengo regálalle a Langdon o libro escrito por Galileo, mentres que na novela, o agasallo é o diamante dos Illuminati obsequiado polo novo Papa.
A última marca no libro é o Diamante dos illuminatti, o cal está composto polas palabras dos 4 elementos. Na película, son chaves cruzadas mediante a cal logran decifrar a ubicacion da antimateria.
E moitas máis diferenzas entre o filme e o libro pero é reconmendable que a vexades e que leades o libro,xa que son distintos en moitos espectos.
Anxos e Demos é unha pelicula que foi estreada nos Estados Unidos e en España o 15 de manio de 2009, basada na novela(best seller) homónima do ano 2000 do fantástico autor Dan Brown.
O director, Ron Howard (quen tamén dirixíu o filme O Código da Vinci) estreou a esperada película en maio de 2009, a cal tivo un enorme éxito.
Opinión persoal:
É unha fantástica novela que lle recomendo a todo o mundo que lle guste a a Arte,a Historia,os monumentos,o suspense...
Non só nos mantén intrigados ata o final da obra senón que,na miña opinión,Dan Brown é un excellente escritor e encantame...porque,o malo sempre é quen menos o esperas e só se descubre ó final,revelando datos que se che pasan a unha primeira lectura.
É unha historia de conspiración e alta traición mesmo dentro do Vaticano(como se amosa co asasinato do Papa polo seu axudante,o camarlengo;tamén é el o que quere quedar como un heroe e contrata á hassasin para que secuestre ós preferiti...).
A pesar das diferenzas entre o libro e o filme non sabería escoller entre un ou o outro xa que cada un amósanos diferentes modos de entender a novela.Por exemplo,o libro gústame porque fala máis de Arte e da Historia dos Illuminati,mentres que no filme,o último cardeal,Baggia,é salvado por Langdon e na novela morre.
Pero é unha gran obra e recoméndolla a todo o mundo.
Dan Brown:
Escritor estadounidense nacido o 22 de xuño de 1964 en Exeter, New Hampshire.
Licenciado na Universidade de Amherst, exerceu a docencia do inglés ata que decidiu dedicarse profesionalmente á literatura, non sen antes desenvolver durante algún tempo labores de músico e cantante de pop melódico.
Ten novelas como, Dixital Fortress (A fortaleza dixital, 1998), Angels and demons (Anxos e demos, 2000) e Deception Point (A conspiración, 2001) tiveron un éxito relativo, pero o seu cuarto traballo, The Dá Vinci Code (O código Dá Vinci, 2003) converteuse rapidamente nun fenómeno de masas, vendendo máis de sesenta millóns de copias en todo o mundo e converténdose nun dos libros máis lidos e influentes dos últimos anos. A popularidade de Brown por mor deste título catapultouno ao resto dos seus traballos, que foron profusamente reeditados e traducidos a ducias de idiomas. (Anxos e Demos,O símbolo perdido).
No hay comentarios:
Publicar un comentario