jueves, 26 de noviembre de 2009

No universo hai materia,pero...¿e a antimateria?


A materia normal como a coñecemos, está composta de átomos, as distintas organizacións de distintos átomos forman todos os tipos de moléculas e estes á súa vez a materia. Estes átomos están compostos por electróns, protones e neutróns, os elementos mais pequenos coñecidos (sen ter en conta os quarks). A antimateria componse do mesmo xeito, de algo chamado anti-átomos, que estan formados por antielectróns (ou tamén chamados positrones), antiprotones e o estraño antineutrón.

Paul Adrien Maurice Dirac deducíu, fundándose nunha análise matemática das propiedades inherentes ás particulas subatomicas, que cada particula deberia ter a súa 'antiparticula'. Así pois, deberia haber un 'antielectrón' identico ao electrón, salvo pola súa carga, que seria positiva, e non negativa, e un 'antiprotón' con carga negativa no canto de positiva. Pero... ¿Que é realmente a antimateria e en que se diferencian os electróns, protones e neutróns dos antielectrones, antiprotones e os antineutrones?

A antimateria é materia constituída pola antiparticulas (antielectróns, antiprotóns e antineutrones).A diferenza entre eles é a carga electrica, son idénticas en aspecto físico e en constitución, os seus movementos rotatorios invertíronse, o polo sur magnetico, por dicilo asi, esta arriba e non abaixo, desta maneira a súa carga eléctrica é a oposta do que deveria de ser.

O positron é a contrapartida do electron pola súa carga contraria, e o antiproton é tambien 'anti' pola súa carga. Pero... por que di anti a unha partícula que posúe carga neutra?

O antielectron é tan estable como o electron, de feito é identico ao electron en todos os seus aspectos, excepto na súa carga electrica. A súa existencia pode ser indefinida. Aínda que a media de 'vida' é dunha millonésima de segundo, ata que se atopa cun electron, durante un momento relampagueante quedasen asociados o electron e o positron; ambas as partículas virasen ao redor dun centro de forza comun. Pero a existencia deste sistema, como máximo, durará unha diezmillonesima de segundo xa que se combinan o positron e o electron.
Cando se combinan as dúas particulas opostas, prodúcese unha neutralizacion mutua e literalmente desaparecen, non deixan nin rastro de materia ('aniquilamiento mutuo'). Pero como sabemos a materia do mesmo xeito que a energia non pode desaparecer, como resultado disto queda a energia en forma de radiacion gamma. De tal forma como habia suxerido o xenio Albert Einstein: a materia pode converterse en enerxia, e viceversa.


No acelerador de partículas do CERN están intentando obter antimateria,pero...¿é algo bo ou será capaz de crear un burato negro que se trague a todo o universo...?

No hay comentarios:

Publicar un comentario