jueves, 12 de noviembre de 2009

Científicos.

A filosofía da ciencia trata sobre a forma de desenvolver, avaliar e modificar as teorías, e se a ciencia é capaz de revelar a verdade oculta de entidades e procesos da natureza.

O seu obxecto é tan antigo e está tan estendido coma a propia ciencia. Algúns científicos teñen demostrado un gran interese pola filosofía da ciencia e algúns, como Galileo, Isaac Newton e Einstein fixeron contribucións importantes.

Moitos científicos, con todo, déronse por satisfeitos, deixando a filosofía da ciencia ós filósofos, e prefiren seguir "facendo ciencia" en vez de adicar máis tempo para analizar máis xenericamente "como se fai a ciencia".

Entre os filósofos, a filosofía da ciencia sempre foi unha cuestión central, dentro da tradición do mundo occidental;entre as figuras máis importantes antes do século XX inclúen Aristóteles, René Descartes, Locke, Hume, Immanuel Kant e John Stuart Mill.

Gran parte da filosofía da ciencia está básicamente ligada á epistemoloxía, teoría do coñecemento, unha cuestión que ten sido considerado por case todos os filósofos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario