viernes, 7 de mayo de 2010

Un mundo feliz.



Esta obra de Haldous Huxley pareceume bastante interesante desde o punto de vista significativo, de certo modo o autor expón unha teoria futurista da vida humana, onde predomina o desexo de estabilidade social e emocional e a predestinación social.

Ademais, preséntase na obra unha especie de doutrina ou teoria etica onde o fin principal do ser humano é a felicidade e ausencia de problemas, axudados con segmentos propios do hedonismo. O nome desta obra en inglés(Brave New World), significa novo mundo valente representa a ironía do autor ao referirse a valente, xa que a forma mediante a cal os alfas, betas, gamas... enfrontaban a vida é o fiel reflexo da covardía ou facilidade, xa que a manipulación desde o nacemento ten como fin último a ausencia de problemas na vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario