domingo, 23 de mayo de 2010

O símbolo perdido.


O Símbolo Perdido (The Lost Symbol), é unha novela de ficción de Dan Brown protagonizado polo profesor de simboloxía e de historia da arte, Robert Langdon.

O libro foi publicado o 15 de setembro de 2009 en inglés e o 29 de outubro en español.
Durante o seu primeiro día de vendas venderonse un millón de copias, incluíndo libros electrónicos, en Canadá, Estados Unidos e o Reino Unido.
A produtora Columbia Pictures xa comprou os dereitos cinematográficos deste libro, o que pecharía a triloxía na gran pantalla de Robert Langdon.
Aínda que prevista con anterioridade, Dan Brown necesitou seis anos para escribila. O argumento transcorre nun mínimo período de tempo; 12 horas. Transcorrendo en Washington, D.C. e a trama está baseada nunha conspiración francmasónica.


*Argumento:


Robert Langdon é convocado para dar unha conferencia na sala máis importante do Capitolio dos Estados Unidos. Crendo que quen a solicitou é o seu vello amigo, masón e mentor Peter Solomon,acude á cita.

Ao chegar alí Langdon descobre que Solomon foi secuestrado por alguén que quere descubrir un antigo misterio, un misterio que se sae á luz podería pór en perigo ao mundo enteiro. Axudado, entre outros, pola irmá científica de Solomon, Katherine, Langdon terá as horas contadas para desvelar o misterio e poder así salvar a vida do seu amigo.


*Personaxes principales:
-Robert Langdon é o protagonista da historia. O profesor de simboloxía de Harvard, xa con 46 anos, vese envolvido nesta aventura despois de que o seu amigo Peter Solomon sexa secuestrado. Só el ten a clave para salvalo.
-Katherine Solomon é a irmá do secuestrado, ademais dunha brillante científica que está a descubrir importantes temas relacionados coa ciencia noética. Axudará ao seu amigo Langdon, pondo a súa vida en perigo.
-Peter Solomon é un vello amigo e mentor de Langdon, ademais de ser o xefe dunha importante loxia masónica. A súa vida vese en perigo cando alguén quere que lle desvele o segredo máis importante da masonería e, posiblemente, do mundo enteiro.

-Mal'akh é o antagonista da historia. Despois de descubrir que Peter Solomon posúe as claves para desvelar o maior secreto da humanidade, non dubidará en utilizar os recursos necesarios para sabelo. Garda un segredo de importancia, motivo polo cal pon en perigo a vida do resto de protagonistas. Sendo recluído dunha prisión de Istambul (Turquía) coñeceu a existencia do devandito segredo e, unha vez libre, preparouse física e mentalmente para ser posuidor del. É musculoso e ten tatuada a maior parte do seu corpo, agás unha zona do cranio onde pretende plasmar o símbolo.

-Warren Bellamy é a máxima autoridade administrativa do Capitolio, coñecido como O Arquitecto. Axudará a Langdon e Katherine na procura de Solomon, posto que el tamén é un masón de alto rango.

-Deán Galloway é un membro da Igrexa cego que coñece certos misterios masónicos, posto que el tamén é membro deles.


O proxecto de película deste libro xa está en marcha,estrearase no ano 2012.
Segundo algunhas fontes a película poderiase chamar "El Código Da Vinci 3 " ou "Angeles y Demonios 2".
Esperemos que sexa tan boa como o libro e que Dan Brown non nos decepcione con este Best-Seller.

No hay comentarios:

Publicar un comentario