viernes, 26 de febrero de 2010

Secuoias




A secuoia é unha conífera que se caracteriza polo seu extraordinario tamaño. De feito, é o ser vivo máis grande do planeta, pola súa lonxevidade e pola calidade da súa madeira. Son as árbores de maior altura da Terra.
Coñécense dúas especies de secuoias, de xénero distinto, que principalmente viven en California e plántanse nos xardíns de case todo o mundo desde hai dous séculos.


Estas dúas especies existen no famoso parque de Yellowstone. Son a Secuoia Vermella (Sequoia Sempervirenes), que alcanza os 95 metros de altura , con grosas cortizas fibrosas moi resistentes; e a Secuoia Xigante (Sequoiadendron Giganteum), que alcanza os 80 metros de tamaño e 24 metros de perímetro na súa base.

O segredo de tantas virtudes radica na súa particular forma de crecer. A partir dunha raíz común, o seu tronco subdivídese na base en varios troncos que medran de forma independente, así un non necesita dos outros para vivir. Pero no caso de que un deles sexa atacado por unha praga ou unha enfermidade, a savia dos outros troncos actúa para salvar a parte danada.

Unha árbore lonxeva:
Os individuos máis vellos de ambas as especies superan os 4.000 anos.
Para que medren ben teñen que estar nun lugar abrigado, polo que debe situarse entre grupos arbóreos para protexerse de fortes ventos e xeadas. Non son unhas árbores que requiran dun lugar especial para crecer, bástalles cun chan profundo, pero pode ser de calquera tipo.


Na actualidade, as únicas árbores vivas que superan os 100 metros, son as Secuoias Vermellas.
E nos Estados Unidas hai ducias de secuoias que superan os 105 metros. A maior de todas, coñecida como Mendocino Tree, situada en Montgomery State Reserve, en setembro de 1998 mediu 112,01 metros, aínda que este record pode caer en calquera momento porque hai varias secuoias con alturas superiores aos 110 metros pendentes de medición definitiva.

Durante moito tempo considerouse ao Xigante de Dyerville como a secuoya máis alta (112,08 metros). Este xigante foi derrubado polo vento en marzo de 1991; tiña 1.600 anos de idade. O seu tronco caído segue atraendo cada ano a miles de turistas.


A Secuoia Vermella é orixinaria dunha estreita franxa situada na Costa Oeste de Estados Unidos, desde Oregón a California. Debe o seu nome ao xefe indio Sequoyah, inventor dun sistema de escritura cherokee, aínda que seguramente este señor non chegou a ver na súa vida unha secuoya, pois vivía en Tenessee, a miles de quilómetros da costa californiana.
Dende o principio, a secuoia foi sometida a unha intensa actividade forestal debido á calidade da súa madeira vermella, ao seu rápido crecemento, entre os 4 e os 10 anos de idade pode crecer a razón de 1,80 metros ao ano, e ao seu xigantesco tamaño, do que se poden extraer enormes pezas.
En Estados Unidos son moi apreciadas as mesas feitas cunha soa táboa. Ademais, a sempervirens cortada volve a rebrotar e é novamente maderable ao cabo de poucas décadas.
Esta especie da secuoia foi introducida en Europa no ano 1843 e, polo seu alto valor ornamental, está amplamente difundida por xardíns e parques de todo o continente. Aínda que non tiveron tempo de alcanzar os enormes tamaños das súas irmás americanas, algunhas xa apuntan maneiras, como o exemplar situado no Castelo de Sotomayor, na provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario